xoves, 27 de decembro de 2012

A historia da augardente brasileira

Esa é para rematar o ano. Outro día comprara un destes produtos de hixiene bocal e li esta perla:

O uso de substancias para bochechos vén sendo adoptado polo home hai máis de 2000 anos. En 1500, o descubrimento do Brasil, os portugueses, ao entraren en contacto cos indios ofreceron un vaso de augardente.

O nativo ao primeiro grolo sentiu un gusto forte e ardente, así cuspiu a bebida. Isto foi considerado como un bochecho, un acto de profilaxia da hixiene da boca.

 Bo, o que para os portugas é unha profilaxia eu entendería como bebida malo mesmo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario